Thursday 02 de May de 2024

Un total de 444 coruñesas e coruñeses compiten desde mañá venres no I Torneo de eSports Cidade da Coruña


 

Dirixido a tódalas persoas maiores de 16 anos e residentes no municipio se desenvolverá desde mañá 17 de abril en diferentes roldas eliminatorias
Seguindo cos programas municipais
#CoruñaQuedaNaCasa, #CorunaEnCasa, #EnLiña e #ActívomeNaCasa xurdidos
pola crise do Covid-19, a Concellaría de Deportes en colaboración con Maritime
Global Services presentan o primeiro Torneo eSports Cidade da Coruña, que se
desenvolverá a partires de mañá, venres 17 de abril. Este primeiro Torneo está
baseado no videoxogo FIFA 20, (EA Games) desde a consola PlayStation 4.
Recibíronse un total de 541 solicitudes de inscrición e unha vez realizadas as
comprobacións oportunas (descartadas as duplicadas e as que incumplían o
regulamento) serán finalmente 444 persoas participantes as que disputarán o
torneo.

PARTIDA FINAL
A previsión é que a final do Torneo se xogue na fin de semana do 1, 2 e 3 de maio,
e que sexa retransmitida vía streaming pola web municipal e por outras canles que
se anunciarán no seu momento. O gañador ou gañadora xogará contra o gañador/a
do partido FIFA 20 a disputar por futbolistas profesionais do R.C. Deportivo contra o
R.C. Celta de Vigo que tamén será retransmitido por streaming desde o Concello.

Nota de Prensa

PREMIOS
A empresa Maritime Global Services colabora aportando as consolas PlayStation 5,
xogos FIFA 21 e subscripcións a Play Station Network que recibirán os 4 primeiros
clasificados no mes de setembro e cos xogos e subscripcións que se sortearán
entre o resto de participantes.
Esta nova iniciativa municipal busca facer máis levadeiro o confinamento propiciado
pola pandemia do COVID-19, promovendo a interactuación entre a cidadanía
coruñesa dando ademais un primeiro paso desde o Concello no eido dos eSports.